quinta-feira, 9 de setembro de 2010

VIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos


   Peregrino, ruta e meta nas "peregrinationes" maiores.

  Investigadores españois, italianos, franceses, alemáns e norteamericanos reúnense en Santiago de Compostela para aportar unha notable contribución ás investigacións compostelás e á súa difusión e promoción en Europa e no resto do mundo.
   Éste é o grande congreso do Camiño de Santiago organizado por Xacobeo 2010 xunto co Comité internacional de Expertos do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia. Nel abordaranse as peregrinacións maiores a Santiago, Roma e Xerusalén, abrindo novamente a porta á colaboración entre as principais cidades santas de Occidente, defendendo a súa realidade común, a súa pertenza a unha cultura da peregrinación, e propoñendo a existencia de itinerarios de ida e volta entre os tres destinos.
   O Comité internacional de Expertos do Camiño de Santiago naceu no ano 1992 da necesidade de asesorar no eido científico e cultural á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de cara ao Ano Santo Compostelán de 1993. Está formado polos máis coñecidos investigadores europeos de temática compostelá e teñen, ademais de coñecementos especializados, un particular arraigo no mundo xacobeo.
   Dende aquela, foron organizados sete congresos, o último, no 2004, o anterior Ano Santo. Agora, o “VIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos. Peregrino, ruta e meta nas peregrinacións maiores” quere recuperar esta tradición de encontros de grande prestixio despois de seis anos e no contexto do Ano Santo 2010.

In: http://programacion2010.xacobeo.es/gl/eventos/viii-congreso-internacional-de-estudos-xacobeos

Sem comentários:

Enviar um comentário